Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2020

30 xaneiro: Día da paz

Imaxe
Hoxe os peixiños do Manuela Rial estivemos celebrando a paz. O alumnado de 6º explicou cal era a función do banco da amizade. En parellas ou grupos de 3 foron explicándolles ao resto de alumnos e alumnas do cole. Aqueles nenos e nenas que non teñan con quen xogar ou que por un momento se sintan sós, poden sentarse no banco da amizade e así o resto de compañeir@s que o ven o invitan a xogar. Ademais serve para solucionar conflitos. Esperemos estrenalo pronto xa que está secando :)

Tivemos unha visita moi especial

Imaxe
Esta mañá, os compañeir@s de 5º e os de 6º tivemos a sorte de estar charlando con Sergio, un garda civil que nos contou cousas moi interesantes sobre os videoxogos, o acoso escolar, as redes sociais entre outras moitas cousas. Aprendemos moitísimo, esperemos levar todos os seus consellos a cabo.

Polo mar chega unha serie de noticias moi interesantes!

Os nosos xornalistas de 6ºB estiveron redactaron unha serie de novas relacionadas co mundo mariño. Cada xornalista escolleu un tema para realizar a súa noticia, entre elas o precio do marisco en nadal, os problemas dos temporais, o traballo de diferentes mariñeiros ou pescadores. Mirade, que ben o fan!

Video Os Ríos

Imaxe
Ensinámosvos o vídeo creado para o proxecto de prácticas de Abraham, coa colaboración de todo o alumnado da aula, da profe Alba e da profe Sara :)

Novo equipo para a aula

Imaxe
Na aula hoxe estreamos o noso novo equipo de video, para poder crear os videos para este proxecto e para outros que temos previstos ao longo do curso. O equipo está composto por: -1 croma de 3x6m - 2 pantallas led - 2 micrófonos de solapa

Volta ao cole do Nadal!

Imaxe
Bo día nun 8 de xaneiro moi axetreado, todos e todas estabamos nerviosos e nerviosas pola volta ao cole, aínda que moitos querían uns días máis para gozar dos xoguetes que os reis nos trouxerons. De todos os xeitos, na aula esperábanos unha gran sorpresa xa que os Reis Magos pasaron pola nosa clase para deixarnos un detalliño. Trouxéronnos un xogo de mesa (Gestos) para toda a aula, unhas velas aromáticas para relaxarnos en grupo, e uns lápices e bolis moi divertidos! Estamos moi ilusionados por comezar este trimestre😊