Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2020

Andamos por aquí!

Boas a todos/ as! A verdade é que temos algo abandonado o blog, pero e que non damos feito! Quen diga que se aburre é porque quere.  Estamos aprendendo moitísimo das novas tecnoloxías, facemos de todo, entre Google Classroom, as videoconferencias por Meet, os xogos con Genially ou Kahoot, as tarefas que temos que facer para entregar en data, e algunhas outras apps que nos gusta empregar no noso tempo libre como Tiktok ou Snapchat; o aburrimento non é unha opción.  Fai unhas semanas, coa profe Alba fixemos unha videochamada divertida, pero á verdade que deberiamos facer máis, e Alba acórdase pero non da sacado tempo, pero para a semana farémola si ou si!  Nesas videochamadas pasámolo moi ben e facemos entre todos bailes, música, challenge. Hoxe imos a ensinarvos o challenge "Tusa". Vémonos pronto!!