Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2019

Feliz aninovo

Feliz entrada do ano 2020! Na nosa clase antes das vacacións celebramos o noso particular fin de ano. Moi felices festas de parte do alumnado de 6B

Oriente express!

Imaxe
Bos días, ensinámosvos o vídeo da obra de teatro realizada o pasado venres. Foi a nosa primeira obra de teatro, e fixémola con moito agarimo :)

Bo nadal a todos!

Imaxe
Xa estamos de vacacións! O venres foi un día moi intenso, entrega de notas, obra de teatro (que nervios) pero estamos moi contentos co resultado. No seguinte post subiremos o vídeo da obra de teatro.😊 Agora toca descansar e gozar das vacacións, e non esquezades facer os deberes :)

Saída ao cine!

Imaxe
Esta mañá fomos a ver a película Jumanji ao cine, cos compañeiros de terceiro, cuarto e quinto. Pasámolo pipa! Ademais despois, á volta, paramos a ver o poboado navideño e aproveitamos para sacar algunha que outra foto😊

10 de decembro. Día internacional dos dereitos dos animais

Imaxe
Na tarde deste martes, Dana da protectora SOS Pelines ven ao cole a darnos unha charla, para o meu gusto, moi necesaria sobre os dereitos dos animais e as obrigas que temos como familiares dos nosos animais. A verdade é que a charla estivo moi interesante e houbo moita participación entre o alumnado. Moitas gracias Dana pola túa gran ensinanza :)

Foto para os nosos amigos de Valencia

Imaxe
Este curso comezamos un novo proxecto ca nosa profe Alba, e trátase dun intercambio postal, onde nos  "carteamos" con alumnos e alumnas de 5º dun cole de Valencia. Neste nadal enviámoslle unha postal coa nosa foto para que nos podan poñer cara, estamos desexando que cheguen as nosas :)

Somos grandes detectives!

Imaxe
Na materia de ciencias da natureza, estamos constantemente plantexándonos novas cuestións e polo tanto novas incógnitas que resolver. Para iso empregamos dispositivos tecnolóxicos como tablets e ordenadores. Gracias a estes medios podemos facer traballos grupais dentro da aula e en horario de clase. 1º facemos a investigación 2º preparamos e imprimir a información importante que queremos incluir no noso mural 3º e último expoñemos ante toda a clase

Descansos activos!

Este inverno está sendo moi chuvioso, polo tanto aproveitamos para facer descansos antes de comezar as clases gozando! E non sabedes o que nos encanta o Just Dance :)

Os nosos pequenos xornalistas

Aos nosos alumnos e alumnas encántalles poder poñerse no papel dos xornalistas, e en lingua estivemos traballando a entrevista, e que mellor que crear en parellas o contido dunha entrevista e representala?  Como mestra, encántame ver esa motivación :)

Mates aburridas? Diso nada...

Quen pensa que as mates son aburridas? Iso é porque nunca fixéchedes mates divertidas. Nas nosas aulas para repasar ás veces facemos relevo matemático por grupos, e encántanos... Bueno, a verdade é que o traballo cooperativo mola moitísimo :)

Marcos está de estreo!

Imaxe
O pasado mes, o noso compi Marcos estreou a súa nova "cadeira", este fitball é un gran desestresante para el e axúdalle a estar concentrado! A quen non lle gusta estrear algo novo en clase?

Comezamos nova aventura!

Imaxe
Os alumnos e alumnas de sexto tiñamos moitas ganas de comezar este ilusionante proxecto, xa que o ano pasado disfrutamos moitísimo co proxecto sobre os Alimentos vivos. Ademais estabamos desexando inaugurar o noso blog xa que temos moitas aventuras que contarvos. Este proxecto está relacionado co mar, concretamente cos peixes e o marisco. Pero nas nosas aulas aproveitaremos para contarvos o que acontece no noso día. Polo tanto, QUE COMECE A AVENTURA!

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Imaxe
ENLACE A RECURSOS