Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2020

As cousas cambian dun momento a outro...

Boa tarde a todos e a todas, hoxe comezou unha quincena diferente para todos nos. Estamos na casa, sen poder ir a escola debido ao coñecido e tan falado coronavirus. Simplemente, deixovos unha mensaxe para saudarvos a todos e recordar que debemos estar na casa, como xesto de responsabilidade para intentar volver a normalidade canto antes. Moitos bicos

Visita de Lidia, xornalista, pola Semana da Prensa

Imaxe
Este xoves comezou dun xeito moi interesante, xa que a xornalista Lidia Fernández Trasmonte ven ao noso cole a dar unha charla sobre os medios de comunicación e a influencia destes na sociedade. Actualmente Lidia traballa de xornalista na radio, concretamente en NovaHit, unha radio local de música e novas. Estivemos falando da importancia de ler a noticia completa e non soamente o titular. A verdade é que quedamos moi contentos coa súa visita e aprendemos moito :) Gracias Lidia!

Esta mañá viñeron de visita Luís e Mariña

Imaxe
Hoxe tivemos o pracer de ter connosco a Luís e a Mariña, o mariñeiro do proxecto O sabor da aventura está no mar. Neste obradoiro aprendemos moitas cousas sobre as artes de pesca, os peixes e mariscos. Ademais preparáronnos un xogo moi divertido para comprobar todas as aprendizaxes adquiridas. Que ben o pasamos!

Representamos a historia da nosa época

Estas semanas nas clases de ciencias sociais estivemos representando teatralmente o tema, que trata da historia da nosa época. A verdade é que nos gustou moito e estamos desexando volver a facelo :)

Hoxe somos críticos gastronómicos

Na materia de lingua castelá estivemos aprendendo o que era unha crónica, e nada mellor que poñernos no papel de críticos gastronómicos. Imaxinámonos probando a degustación dun menú mariñeiro nun restaurante da zona e sairon cousas tan chulas como estas :)

O mar na escola

Imaxe
Hoxe tivemos unha tarde moi especial, xa que tivemos unha visita de dúas persoas moi interesantes. Sergio é un biólogo que nos explicou as diferentes especies que viven no mar (a súa crianza, a súa forma de vida e os seus perigos) e os avances e os problemas que ocorren no entorno mariño; e Noemí que nos explicou a crianza do rodaballo na nosa zona e ademais como poder entender o mar en canto ao vento, ás ondas e ás mareas; e como manexar un barco de vela. A verdade é que foi moi interesante. Estamos desexando poñer todos eses coñecementos en práctica. Esperemos que chegue pronto a semana do 23 de marzo para adentrarnos no mundo mariño cos barcos de Noemí.

Comezamos co programa Froitas na escola

Imaxe
Da gusto comezar un novo día con froita fresca na escola. Hoxe tocounos plátano, unha froita rica en potasio e fósforo. Esta froita é recomendada para recuperar forzas despois dunha longa xornada de traballo. A verdade é que son todo beneficios! Bo proveito a todos/as!

Novo rincón para as nosas investigacións mariñeiras

Imaxe
Esta mañá instalamos un ordenador na aula para estrear así o noso rincón TIC e poder facer as pescudas necesarias no noso proxecto integrado que levamos a cabo na materia de Lingua Galega, relacionado co noso proxecto “O sabor da aventura está no mar”. Estamos moi ilusionados!