Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2020

Un cole de cine

Imaxe
Na tarde de onte celebramos o entroido no cole. A profe Sara organizou un festival espectacular baseado na temática de musicais. A nos tocounos versionar o musical de Grease. A verdade é que o pasamos xenial!

Comezamos a traballar o horto escolar

Imaxe
Na tarde de onte, os alumnos e alumnas de sexto de primaria fomos ó horto a limpar as nosas parcerlas con todo o instrumental necesario. Gracias ao profe José María que nos ensinou como debíamos facer as tarefas. Encantounos a experiencia. Voltaremos!

Libro de problemas viaxeiro

Imaxe
Esta semana comezamos nova aventura relacionada coas mates. Cada dous días un alumno/alumna leva para casa o caderno. O que deben facer é resolver o problema matemático inventado por un compañeiro/a e inventar un problema novo. Estamos moi emocionad@s! Ensinámosvos algunha foto😊  

Visita ao faro e a lonxa de Fisterra

Imaxe
Onte o alumnado de 6º fomos de excursión a Fisterra, pero dun xeito especial. Quixémonos poñer no papel dos peregrinos e decidimos facer un tramo do camiño de Santiago cara a Fisterra. Comezamos en Sardiñeiro e rematamos no Faro de Fisterra despois de casi 11 km de aventuras.    Despois volvemos camiñando dende o Faro ata o porto de Fisterra, onde aproveitamos para coñecer a lonxa deste pobo. Alí esperábannos Carlos, Julio e Manolete, quen nos atenderon moi amablemente. Carlos indicounos que podiamos ver na lonxa, Julio o subastador ensinounos como era unha subasta a viva voz e Manolete, o patrón maior estivo colocando todo o peixe recén chegado do mar.  Mirade que congrio máis grande, pesaba 24 kg. Encantounos esta experiencia, pronto argallaremos unha nova aventura :) 

As nosas papeleiras de reciclaxe volven a estar operativas!

Imaxe
Na tarde do mércores os alumnos e alumnas de 6º B estivemos reparando as papeleiras que colocamos o ano pasado para que se volvan a empregar de xeito apropiado.