Publicacións

Andamos por aquí!

Boas a todos/ as! A verdade é que temos algo abandonado o blog, pero e que non damos feito! Quen diga que se aburre é porque quere.  Estamos aprendendo moitísimo das novas tecnoloxías, facemos de todo, entre Google Classroom, as videoconferencias por Meet, os xogos con Genially ou Kahoot, as tarefas que temos que facer para entregar en data, e algunhas outras apps que nos gusta empregar no noso tempo libre como Tiktok ou Snapchat; o aburrimento non é unha opción.  Fai unhas semanas, coa profe Alba fixemos unha videochamada divertida, pero á verdade que deberiamos facer máis, e Alba acórdase pero non da sacado tempo, pero para a semana farémola si ou si!  Nesas videochamadas pasámolo moi ben e facemos entre todos bailes, música, challenge. Hoxe imos a ensinarvos o challenge "Tusa". Vémonos pronto!! 

Somos grandes reposteiros!

Imaxe
Neste confinamento, tanto a profe como os alumnos/as de 6ºB estamos aproveitando a facer cousas que antes non tiñamos tempo a facer. Polo que nesta Semana Santa fixemos unhas deliciosas cookies coa receta que nos mandou a profe.  Que delicia! Non vos chega o olor as vosas casas?

2 de abril día do autismo

Imaxe
Boas tardes meus queridos e queridas alumnnos/as, hoxe é o día mundial do autismo, como ben sabedes, se estivesemos na aula teríamos celebrado este día todos xuntos pero como non podemos, ensínovos os muíños de vento que fixeron algúns dos vosos compañeiros/as. Ademais déixovos a explicación de Alejandro, por se vos animades a facelo aqueles que non o fixechedes. Bótovos moito de menos meus pequenos/as! Un bico mooooi mooooi grande!

As cousas cambian dun momento a outro...

Boa tarde a todos e a todas, hoxe comezou unha quincena diferente para todos nos. Estamos na casa, sen poder ir a escola debido ao coñecido e tan falado coronavirus. Simplemente, deixovos unha mensaxe para saudarvos a todos e recordar que debemos estar na casa, como xesto de responsabilidade para intentar volver a normalidade canto antes. Moitos bicos

Visita de Lidia, xornalista, pola Semana da Prensa

Imaxe
Este xoves comezou dun xeito moi interesante, xa que a xornalista Lidia Fernández Trasmonte ven ao noso cole a dar unha charla sobre os medios de comunicación e a influencia destes na sociedade. Actualmente Lidia traballa de xornalista na radio, concretamente en NovaHit, unha radio local de música e novas. Estivemos falando da importancia de ler a noticia completa e non soamente o titular. A verdade é que quedamos moi contentos coa súa visita e aprendemos moito :) Gracias Lidia!

Esta mañá viñeron de visita Luís e Mariña

Imaxe
Hoxe tivemos o pracer de ter connosco a Luís e a Mariña, o mariñeiro do proxecto O sabor da aventura está no mar. Neste obradoiro aprendemos moitas cousas sobre as artes de pesca, os peixes e mariscos. Ademais preparáronnos un xogo moi divertido para comprobar todas as aprendizaxes adquiridas. Que ben o pasamos!

Representamos a historia da nosa época

Estas semanas nas clases de ciencias sociais estivemos representando teatralmente o tema, que trata da historia da nosa época. A verdade é que nos gustou moito e estamos desexando volver a facelo :)