CPR PLURILINGÜE MANUELA RIAL MOUZO_Plan Proxecta_Xermoliño_Aliméntate ben
Marcos está de estreo!
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
-
O pasado mes, o noso compi Marcos estreou a súa nova "cadeira", este fitball é un gran desestresante para el e axúdalle a estar concentrado! A quen non lle gusta estrear algo novo en clase?
Boas a todos/ as! A verdade é que temos algo abandonado o blog, pero e que non damos feito! Quen diga que se aburre é porque quere. Estamos aprendendo moitísimo das novas tecnoloxías, facemos de todo, entre Google Classroom, as videoconferencias por Meet, os xogos con Genially ou Kahoot, as tarefas que temos que facer para entregar en data, e algunhas outras apps que nos gusta empregar no noso tempo libre como Tiktok ou Snapchat; o aburrimento non é unha opción. Fai unhas semanas, coa profe Alba fixemos unha videochamada divertida, pero á verdade que deberiamos facer máis, e Alba acórdase pero non da sacado tempo, pero para a semana farémola si ou si! Nesas videochamadas pasámolo moi ben e facemos entre todos bailes, música, challenge. Hoxe imos a ensinarvos o challenge "Tusa". Vémonos pronto!!
Boa tarde a todos e a todas, hoxe comezou unha quincena diferente para todos nos. Estamos na casa, sen poder ir a escola debido ao coñecido e tan falado coronavirus. Simplemente, deixovos unha mensaxe para saudarvos a todos e recordar que debemos estar na casa, como xesto de responsabilidade para intentar volver a normalidade canto antes. Moitos bicos