Visita ao faro e a lonxa de Fisterra

Onte o alumnado de 6º fomos de excursión a Fisterra, pero dun xeito especial. Quixémonos poñer no papel dos peregrinos e decidimos facer un tramo do camiño de Santiago cara a Fisterra. Comezamos en Sardiñeiro e rematamos no Faro de Fisterra despois de casi 11 km de aventuras. 


 



Despois volvemos camiñando dende o Faro ata o porto de Fisterra, onde aproveitamos para coñecer a lonxa deste pobo. Alí esperábannos Carlos, Julio e Manolete, quen nos atenderon moi amablemente. Carlos indicounos que podiamos ver na lonxa, Julio o subastador ensinounos como era unha subasta a viva voz e Manolete, o patrón maior estivo colocando todo o peixe recén chegado do mar. 






Mirade que congrio máis grande, pesaba 24 kg.



Encantounos esta experiencia, pronto argallaremos unha nova aventura :) 

Publicacións populares deste blog

Un cole de cine

2 de abril día do autismo

Hoxe somos críticos gastronómicos